Site icon Crónica3.com A Mariña

Ata o sábado está aberta en Viveiro a exposición “13 rúa da Microrrede, A Mariña homenaxea a Ibañez”, preparada polas bibliotecas escolares PLAMBE

Viveiro, 7 de maio, 2024. Entre os días 7 e 10 de maio de 2024, ambos inclusive, estará aberta ao público unha exposición titulada “13 rúa da Microrrede, A Mariña homenaxea a Ibañez”, preparada polas bibliotecas escolares PLAMBE que integran a MICRORREDE DA MARIÑA.

A exposición conta con 18 cadros, un por cada biblioteca da Microrrede, e dun cómic artístico colaborativo. Poderá verse no salón multiusos do Concello de Viveiro de 18h a 20h do 7 ao 10 de maio.

As obras que aí se presentan plasman a alma dos proxectos de centro. Novamente será a mestura de estilos tanto narrativos como artísticos e de moita creatividade.

Exit mobile version