Site icon Crónica3.com A Mariña

Arrinca en Ribadeo o Plan Avanza Rural coa licitación da mellora e ensanche dos camiños de Os Fornos a Pesegueiro en Remourelle

Ribadeo, 16 de maio de 2024. Arrinca o Plan Avanza Rural coa licitación da mellora e ensanche dos camiños de Os Fornos a Pesegueiro en Remourelle. O investimento ascende a 82.000 euros, segundo deu a coñecer o alcalde, Dani Vega.

O rexedor dixo que “hai poucos días presentábamos o Plan Avanza Rural, cun obxectivo moi claro, mellorar as nosas infraestruturas. E agora xa o concretamos. Hoxe publicase na plataforma de contratos do Estado a licitación do contrato de obras, que neste caso procede da Xunta de Galicia, concretamente do Agader, vamos actuar en Remourelle, de Fornos a Pesegueiro e tamén vamos a mellorar todo o entorno da escola”.

Vega comentou que “pouco a pouco vamos actuar en todas as parroquias, en todos os lugares, porque necesitamos mellorar as nosas estradas e evidentemente nosoutros non temos unha capacidade orzamentaria para arranxar todas as nosas vías, necesitamos orzamento doutras administracións”.

O alcalde explicou que “neste caso a Xunta achega a maior parte, o Concello pon unha cantidade moi pequena, polo tanto debemos ter esa capacidade de xestión ante a Xunta de Galicia para que invista e así podamos ter unas boas estradas, unas boas infraestruturas. Neste caso vamos a mellorar todo o pavimento, tamén evidentemente vamos a darlle máis ancho a esa vía, iso xa o diciamos cando estabamos na oposición, debemos darlle ancho ás nosas estradas e, evidentemente, vamos facelo así”.

Dani Vega subliñou que “ten un orzamento de 82.000 euros que sae agora nesta licitación e, polo tanto, vamos actuar en Remourelle e así pouco a pouco iremos actuando en todo o noso rural porque necesitamos mellorar as infraestruturas, as nosas estradas. Agora imos concretando ese Plan Avanza Rural que ten un obxectivo claro: xestión para, evidentemente, traer esa inversión para Ribadeo e así mellorar as nosas vías”.

Exit mobile version