Site icon Crónica3.com A Mariña

Arredor de 120 nenxs de Viveiro participan no primeiro Xeolodía Infantil na antiga mina da Silvarosa

Viveiro, 21 de maio de 2024. Viveiro foi hoxe o escenario do primeiro Xeolodía Infantil que se celebra en Galicia, coa participación de nenos e nenas de 6º de Primaria de catro colexios de Viveiro: Ceip de Celeiro, de Galdo, de Covas e CEP Lois tobio.

Arredor de 120 nenos e nenas percorreron a contorna da antiga mina de ferro da Silvarosa, aprenderon sobre xeoloxía e sobre o funcionamento da antiga mina, que estivo en funcionamento até 1966.

“Unha mostra máis do noso compromiso e aposta pola conservación deste patrimonio natural e histórico”, asegura Míriam Bermúdez, tenente de alcaldesa e responsable da área de medio ambiente.

Colaboraron na actividade a Camara Mineira de Galicia, a Sociedade Xeolóxica Española e a Comunidade de Montes de Vieiro.

Exit mobile version