Domingueo en Ribadeo xurde como unha alternativa de lecer e un polo de atracción do turismo nesta localidade tan vencellada ao sector marítimo-pesqueiro. “Felicito ao alcalde por esta iniciativa que dá un valor engadido á este municipio a toda comarca da Mariña”. Neste senso, dende Ribadeo animou aos galegos e galegas a promover o consumo “do produto que sae das nosas costas”, pois facelo, engadiu, “supón reforzar un sector do que viven millares de familias e que xera o 5% do Produto Interior Bruto de Galicia”.