Site icon Crónica3.com A Mariña

AFAN Burela impartirá en Cervo o cuarto curso de “Coidados Compartidos”

Burela, 30 de maio, 2024. O vindeiro xoves, 6 de xuño, a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Burela dará comezo en Cervo ao cuarto curso “Coidados Compartidos” co que pretende achegar a persoas coidadoras de persoas con demencia, residentes no rural, formación e información sobre o alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, así como servizos e recursos para mellorar a súa calidade de vida.

Así mesmo, outro dos obxectivos principais é o de crear un espazo de intercambio de experiencias e resolución de dúbidas ante problemáticas similares co fin de diminuir o nivel de sobrecarga da persoa coidadora principal.

Este curso será impartido pola Psicóloga Sanitaria e coordinadora da entidade na “Casa do Mar” de San Cibrao durante os días 6, 7, 13 e 14 de abril en horario de tarde, os xoves de 16:00h a 18:00h e os venres de 17:00h a 19:00h. As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse previamente na Casa da Cultura de San Cibrao, no teléfono 982580610 ou enviando un correo electrónico a gema.afan.burela@gmail.com

Será gratuito para os asistentes gracias á doazón económica que o Festival da Luz realizou á Federación de Alzheimer Galicia e á colaboración do Concello de Cervo.

Exit mobile version