O investigador catalán é toda unha referencia na aprendizaxe acelerada dos idiomas. Tomou por primeira vez contacto co galego durante o confinamento, período que aproveitou para facer un curso a través de internet. Con esa preparación presentouse e superou as probas CELGA. Desde xaneiro de 2024 realiza visitas periódicas á nosa terra para recoller datos para a súa tese de doutoramento, un traballo que realiza integramente en galego.
Perfil biográfico
Víctor Bargiela (León, 1997) é graduado en Lingüística pola Universitat de Barcelona (2022). Cursou o Máster de Estudos Avanzados en Lingua e Literatura Catalás na Universitat Autònoma de Barcelona (2023). É investigador predoutoral en Filoloxía na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) cunha beca INPhINIT Retaining da Fundación “La Caixa”. Tamén é membro do Grup de Lingüistes per la Diversitat (GLiDi) da Universitat de Barcelona.
Interésalle o cambio lingüístico, a fonoloxía e as ideoloxías lingüísticas. Actualmente combina o trabalo na Universidade de Oviedo e no Instituto da Lingua Galega como investigador visitante para recoller datos sociofonéticos da entoación das preguntas absolutas en galego e en castelán de Galicia e das ideoloxías lingüísticas dos falantes respecto á lingua estándar.