Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa Ribadeo sorteou este luns os premios da campaña do día da nai

Ribadeo, 6 de maio de 2024. Nas instalacións de Acisa Ribadeo tivo lugar esta mañá o sorteo dos premios da campaña do día da nai. Trátase dun exclusivo colgante de prata de lei con madreperla, xentileza de Galería Terra Branca, e dunha experiencia Entre Burbullas para dúas persoas.

Segundo indicou o xerente da asociación, Jesús Pérez, “os números agraciados son o 2.734, entregado en Farmacia Álvarez Lebredo e que corresponde ao premio da experiencia Entre Burbullas, dunha noite con almorzo e acceso a spa a escoller entre 300 estancias, e o 6.113 que foi entregado en Kids&Us e que corresponde ao colgante exclusivo de prata de lei con madreperla cortesía de Galería Terra Branca”.

Pérez Prada lembrou que “tal e como indican as bases da campaña o sorteo realizouse a porta cerrada nas oficinas de Acisa na mañá de hoxe, 6 de maio, e foi retransmitido en redes sociais, onde se pode consultar o vídeo. O sorteo fíxose mediante un programa de xeración de números aleatorios entre as rifas editadas, que nesta ocasión foron un total de 8.000”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou: “as persoas posuidoras das rifas gañadoras teñen ata o dia 16 de maio para reclamar os seus premios nas oficinas de Acisa Ribadeo”.

Cruzado Iglesias agradeceu “a confianza dos nosos veciños e veciñas por mercar os seus regalos do dia do nai no comercio asociado, e que se animaran a celebraralo tamén na hostalería asociada, compartindo e saboreando unha comida ou cea en familia, coas mellores propostas gastronómicas que atoparon en Ribadeo e que seguirán a atopar para vindeiras ocasións especiais”.

A presidenta do colectivo empresarial engadiu que “a campaña do día na nai de Acisa completouse onte, domingo, coa entrega dun cento de caraveis na rúa ás mamás que atopamos ao noso paso. Unha acción que xa é tradición na nosa asociación nesta data”.
Carmen Cruzado agradece “a colaboración de Galería Terra Branca nesta campaña do día da nai 2024”.

Exit mobile version