O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que os xardíns Noriega Varela acollerán de 16,00 a 21,00 horas distintas propostas de ocio que inclúen a actuación do rapeiro viveirense XMaseda65
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que os xardíns Noriega Varela acollerán de 16,00 a 21,00 horas distintas propostas de ocio para a xente nova.
Destacou a actuación do rapeiro viveirense XMaseda65 (Xosé Maseda) ás 20,30 horas.
A programación que ofrece a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dentro desta iniciativa é diversa e inclúe obradoiros de gastronomía saudable; habilidades para facilitar a inserción laboral; sensibilización medioambiental; igualdade de xénero e arte urbana. Tamén hai alternativas de lecer educativo como fútbol burbulla, futbolín humano, tiro con arco, lego e escape box. Cada xornada finaliza cunha actuación dun artista local mozo.