Site icon Crónica3.com A Mariña

A pesca reivindícase no encontro de Expomar: “O sector non o aguanta todo…”

Burela, 9 de maio, 2024. Este xoves celebrouse no porto de Burela o XXV Encontro Empresarial de Expomar coa participación de 25 entidades do sector pesqueiro extractivo. Ao comezo do Encontro, a presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, deu a benvida a todos os participantes.

A 25ª edición do Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras Expomar reuniu un ano máis ás entidades máis representativas do sector pesqueiro nacional. A reunión dos representantes da frota, na que participaron 25 organizacións do sector pesqueiro extractivo, tivo lugar nas instalacións de Armadores de Burela e nela abordáronse os novos retos do futuro do sector pesqueiro e as dificultades actuais que afronta a pesca.

“Reunidas 25 Organizacións do sector pesqueiro extractivo e unha vez analizada conxuntamente a DELICADA SITUACIÓN do sector e os principais RETOS de FUTURO, presentamos as CONCLUSIÓNS do XXV ENCONTRO EMPRESARIAL de EXPOMAR”.

Os representantes do sector agruparon en 10 bloques as súas reivindicacións, que se desenvolven deste xeito:

1. Eleccións Europeas e recoñecemento da Pesca.
2. Ámbito social e substitución xeracional.
3. Supervivencia.
4. Competitividade.
5. Revisión da Política Pesqueira Común.
6. Normativas.
7. Economía.
8. Coxestión e cogobernanza.
9. Ordenación do espazo marítimo.
10. Comunicación e unidade de acción.

DOCUMENTO CONCLUSIÓNS ENCONTRO 2024

Reunidas 25 Organizacións do sector pesqueiro extractivo e unha vez analizada conxuntamente a DELICADA SITUACIÓN do sector e os principais RETOS de FUTURO, presentamos as CONCLUSIÓNS do XXV ENCONTRO EMPRESARIAL de EXPOMAR e REIVINDICAMOS:

1º) ELECCIÓNS EUROPEAS E RECOÑECEMENTO DA PESCA.
Aproveitar a oportunidade das Eleccións Europeas para solicitar un cambio na estrutura política da Comisión EU e dar un maior protagonismo e defensa á PESCA, cambiando o rumbo das políticas actuais, para recoñecer como de “INTERESE PRIORITARIO SUPERIOR” aos sectores primarios da Pesca e Agricultura.

2º) ÁMBITO SOCIAL E SUBSTITUCIÓN XERACIONAL. É o problema máis global e que afecta a todas as frotas. É moi urxente axilizar e flexibilizar as diferentes FORMACIÓNS, facilitar CONTRATACIÓNS de tripulantes estranxeiros en todas as frotas, harmonizar TITULACIÓNS e as súas competencias, validar títulos dentro da UE e con outros países asinantes do SCTW-F.

3º) SUPERVIVENCIA. O sector non o aguanta todo… A nosa capacidade para manter a actividade e fornecer alimentos saudables esgótase e estamos nunha SITUACIÓN de RISCO de ruptura e de non volta atrás. Cada unidade pesqueira perdida é irrecuperable e desencadea efectos negativos multiplicadores noutros sectores económicos. Do mesmo xeito que temos obxectivos cumpridos para os stocks pesqueiros, existe un Límite de Resiliencia do Sector Pesqueiro (LRSP) que garanta o funcionamento de toda a cadea de valor. Os criterios socioeconómicos deben ser preponderantes.

4º) COMPETITIVIDADE. Pedimos ás Administracións unha APOSTA clara para DEFENDER a viabilidade e mellorar a COMPETITIVIDADE das empresas pesqueiras, eliminando barreiras e os continuos obstáculos normativos e aplicando as medidas fiscais necesarias.

5º) REVISIÓN POLÍTICA PESQUEIRA COMÚN. Hai que analizar e ver o Presente como un Futuro do Pasado. Débense analizar as promesas anteriores de obxectivos incumpridos, antes de fixar novos Retos da PPC. A produción pesqueira de frotas de terceiros países, a pesar de ter unhas esixencias inferiores aos produtos europeos (sobre todo en termos sociais e ambientais), entra cada vez con maior facilidade no mercado europeo.

6º) NORMATIVAS. Necesitamos unhas NORMAS MÁS SIMPLES para aplicar e entender. Sufrimos unha gran variedade de normativas que moitas veces son incompatibles entre si, ou de imposible e difícil cumprimento para o sector. A nivel europeo a Obrigación Desembarque é un bo exemplo. E o novo Regulamento de Control é un exemplo de dificultade de comprensión e aplicación.

7º) ECONOMÍA. Pedimos axilizar a cobranza das axudas do 2022 polo INCREMENTO de CUSTOS e poñer en marcha outras novas axudas pola ESCALADA de PREZOS de combustible. Reiteramos a petición de eliminación do IVE nos produtos pesqueiros. En canto ao IRPF, pedimos igualdade de condicións con outros países europeos, como Francia, que ofrece beneficios fiscais aos tripulantes.

8º) COXESTIÓN e COGOBERNANZA. Facemos un chamamento ás Administracións Europeas e do Estado para mellorar a coordinación das normas e lograr unha EFICIENCIA NORMATIVA. Aspiramos a un maior diálogo e participación nos procesos normativos. Será de máxima prioridade participar no desenvolvemento normativo da Lei de Pesca Sostible e Investigación Pesqueira ou da futura Lei de Sancións e Control.

9º) ORDENACIÓN do ESPAZO MARÍTIMO. Esiximos que se aplique o PRINCIPIO de PRECAUCIÓN na valoración da coexistencia dos diferentes usos do espazo marítimo, sen poñer en risco a actividade pesqueira e os ecosistemas mariños.

10º) COMUNICACIÓN e UNIDADE DE ACCIÓN. Necesitamos articular accións de comunicación EN POSITIVO, coa participación de todo o sector e co apoio das Administracións para conseguir maior alcance e notoriedade e incentivar a promoción e consumo dos peixes e mariscos. O sector comprométese a poñer en marcha un grupo de traballo para definir unha estratexia común entre TODOS.

LISTADO DE ORGANIZACIÓNS PARTICIPANTES:

1. ABSA (ARMADORES DE BURELA, SA)
2. AGARBA (ASOCIACIÓN NACIONAL DE BUQUES BACALADEROS)
3. AOP PESCA ESPAÑA
4. ARVI (COOPERATIVA ARMADORES DE PESCA DEL PUERTO VIGO)
5. ASOCIACIÓN ARMADORES PESCAGALICIA – ARPEGA – O BARCO
6. ASOCIACIÓN ARMADORES de RIBEIRA
7. AVOCANO (ASOCIACIÓN de VOLANTEROS del CNW)
8. CEPESCA (CONFEDERACIÓN ESPAÑOLA de la PESCA)
9. COFRADÍA PESCADORES SAN JUAN BAUTISTA de BURELA
10. EUROPECHE (ORGANIZACIÓN EUROPEA de la PESCA)
11. EBFA (ASOCIACION EUROPEA PESQUERÍAS FONDO)
12. FEDERACIÓN GALEGA DE CONFRARÍAS DE PESCADORES
13. FEDERACIÓN NACIONAL de COFRADÍAS de PESCADORES
14. FEDERACIÓN PROVINCIAL COFRADÍAS de PESCADORES de LUGO
15. FREMSS (FUNDACIÓN RDTO ECONOM MINIMO SOCIAL e SOSTIBLE)
16. LONJA DE A CORUÑA, SA
17. OPP-3 – ORG. PROD. PESQUEROS de BUQUES CONGELADORES
18. OPP-4 – ORG. PROD. PESQUEROS de PESCA FRESCA PUERTO VIGO
19. OPP-8 – ORG. PRODUCTORES PESCA de MARÍN (OPROMAR)
20. OPP-49 – ORG. PRODUCTORES PALANGREROS GUARDESES (ORPAGU)
21. OPP-52 – ORG. PRODUCTORES PESCA ALTURA de ONDÁRROA (OPPAO)
22. OPP-77 – ORG. PRODUCTORES del PUERTO DE CELEIRO
23. OPP-83 – ORG. PRODUCTORES COOP. del MAR – STA EUGENIA RIVEIRA
24. OPP-88 – ORG. PROD. NACIONAL de PALANGREROS de ALTURA
25. OPP-07 – ORG. PRODUCTORES PESQUEROS del PUERTO de BURELA

Exit mobile version