Site icon Crónica3.com A Mariña

A Homenaxe ao Cantábrico, do Restaurante Marinero, foi elixida polo público como a mellor creación do pasado Ribadeo de Tapeo

Ribadeo, 10 de maio de 2024. A Homenaxe ao Cantábrico, do Restaurante Marinero, foi elixida polo público como a mellor creación do pasado Ribadeo de Tapeo. No concurso gastronómico foron servidas máis de 24.000 tapas, segundo os datos dados a coñocer hoxe, venres, pola concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz.

A edil ribadense dixo que “un dos concursos máis antigos da nosa comunidade puxo o broche final o pasado 28 de abril no que se declararon gañadores do xurado profesional as tapas dos establecementos Parador de Turismo, Ramonita e El Oviedo e unha mención especial á taberna Kalpa Amodiño. Quedaba pendente por coñecerse o premio do público. Para poder votar as persoas consumidoras tiñan que ter degustado como mínimo 5 tapas e podíase votar tanto a través dos cartóns selados como a través da aplicación”.

Saiz declarou que “unha vez recompilados todos os votos a tapa que recibiu un maior número foi a do establecemento restaurante Marinero pola súa creación Homenaxe ao Cantábrico”.

A concelleira de Turismo e Comercio manifestou: “desde o Concello felicitamos de novo aos establecementos gañadores e destacamos o traballo e esforzo realizado durante os días de celebración do evento no que se estima foron servidas máis de 24.000 tapas. Trátase dun novo éxito para este concurso gastronómico tan lonxevo”.

E engadiu que “a entrega de premios aos establecementos gañadores levárase a cabo do día 21 de maio ás 17.00 horas no salón de plenos do Concello de Ribadeo, onde tamén se desenvolverá a entrega de premios aos que optan as persoas consumidoras”.

Parabéns de Acisa

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo felicita ao restaurante Marinero tras ser elixida a súa tapa como a mellor do Ribadeo de Tapeo 2024 por parte do público.

Desde a directiva de Acisa “felicitamos al restaurante Marinero por este reconocimiento que le otorga el público del Ribadeo de Tapeo. Es un premio al trabajo bien hecho”. Y recuerdan que “su Homenaxe ao Cantábrico fue una de las tapas finalistas para el jurado profesional. Recordamos que de las diez finalistas ocho fueron presentadas por locales asociados a Acisa Ribadeo”.

Acisa reitera os parabéns “a todos los premiados en el Ribadeo de Tapeo 2024, organizado por el Concello, en especial a nuestros asociados. Las tapas del Parador de Turismo fueron elegidas por un jurado profesional como las mejores de esta edición, tanto en la versión dulce como en la salada. El segundo premio fue para otro establecimiento miembro de Acisa, Ramonita; y además recibió una mención especial Kalpa Amodiño, también asociado nuestro. Felicidades a todos y les animamos a seguir trabajando en esa línea”.

Exit mobile version