Site icon Crónica3.com A Mariña

A Garda Civil detivo en Mondoñedo a un veciño como suposto autor dos delitos de danos e de atentado a axentes da Autoridade

O presunto autor foi investigado anteriormente por feitos similares

Mondoñedo, 24 de maio de 2024. A Garda Civil detivo na localidade de Mondoñedo a un veciño de este mesmo termo municipal, de 52 anos de idade, como suposto autor dos delitos de danos e de atentado a axentes da Autoridade.

Os feitos delituosos inícianse no mes de maio do pasado ano. Desde ese momento fóronse sucedendo numerosos episodios de danos materiais en parcelas situadas na parroquia de Os Remedios. Estes teñen como orixe un conflito veciñal que derivou na interposición de denuncias por parte dos propietarios dos terreos por danos nos peches perimetrais onde se sitúa gando vacún, o cal, como consecuencia deses danos intencionados escapáronse do recinto en numerosas ocasións, chegando mesmo a internarse na estrada N-634, co consecuente risco para a seguridade viaria.

Por mor destes feitos iníciase unha investigación, montando un operativo policial ao obxecto de identificar o autor, xa que, a pesar de estar captado en varias gravacións no momento de cometer os danos, leva a cara cuberta cun pasamontañas.

Ao redor das 22:45 horas, en plena escuridade e sen portar luz ou elemento de visibilidade algún, obsérvase a unha persoa co rostro cuberto e portando na súa man dereita unha fouce punzante e de folla afiada, provista dun mango dun metro de lonxitude que avanza polo camiño que conduce ás parcelas afectadas.

Coa devandita ferramenta ía cortando todo cable e corda que delimitaban as leiras entre as cales transitaba, chegando a deterse para arrincar polo menos tres estacas de madeira e lanzalas ao rio que hai ao finalizar o camiño. Unha vez aproxímase esta persoa o suficiente onde se atopabana os axentes, foi sorprendido polos Gardas Civís.

Ante isto, o individuo respondue blandindo cara aos axentes a fouce que sostiña coa súa man dereita e unha estaca que portaba na esquerda. Transcorridos uns segundos, e reiterándolle que depuxese a súa actitude hostil, este continuou sen facer ademán de soltar a fouce.

Os axentes repeleron a ameaza e procederon á detención, comprobando que portaba así mesmo coitelos e alicates, cos que mentres se achegaba ao lugar onde se atopaban os investigadores, puido cortar máis de 100 metros de cable metálico e arrincar estacas de madeiras do perímetro das leiras.

No momento da detención, atopóuselle nos petos da súa chaqueta máis de 20 metros de corda que arrincara dos peches, co propósito que non puidese ser reutilizada polos propietarios das leiras en ulteriores reparacións, tal e como ata entón sucedía

Exit mobile version