Xove, 14 de maio, 2024. Este luns tivo lugar a presentación do cartel da Festa das Flores, tamén chamada Fillas de María que terá lugar en Xove este sábado 18 de maio, e que se desenvolverá na rúa Doutor José Baamonde Illade e na Rúa Xove, máis coñecida como a Rúa da Igrexa; onde se colocarán os postos do Mercado Tradicional e haberá demostración de oficios tradicionais.
Sobre as 11:30h as rúas de Xove estarán animadas pola grupo de gaitas da Asociación Cultural de Saiñas e a charanga NBA, as 12:00h terá lugar a Misa solemne con ofrenda floral á Virxe, destacar que o horario da misa modificouse para as 12:00h. Sobre as 14:15h comezará a sesión vermú co Grupo Rubí; a partir das 22:00h verbena co grupo Rubí e discomóbil Conxuro, e degustarase queimada popular.
Ao longo da mañá e da tarde realizaranse distintos obradoiros para nenas e nenos con temática de flores; a partir das 17:00h inchables, Obradoiro de Cerámica de 17:00h a 18:30h, Contacontos con Caxoto ( A taberna dos contos) de 18:00h a 19:00h.
Animamos a todas as veciñas e veciños así como dos pobos dos arredores a vir disfrutar desta bonita festa durante todo o día, para comer contamos co Bar Pepe, A Fuga, A Cívica, O Refugio, Onde Sempre, Bar Cociña E Bar A Cancela, entre outros.
A caracterización desta festa son vestimentas en cor branco e azul.