Site icon Crónica3.com A Mariña

A Feira do Bonito promocionarase na Turexpo de Silleda

Burela contará cun stand propio no salón turístico, que terá lugar a partir do xoves, día 30 de maio, e se prolongará ata o día 2 de xuño

Burela, 28 de maio de 2024. O Concello de Burela estará presente cun stand propio na Turexpo de Silleda, o salón turístico de Galicia, con ocasión da Semana Verde de Galicia que se celebra neste municipio pontevedrés.

O evento terá lugar a partir do xoves, día 30 de maio, e se prolongará ata o día 2 de xuño. Estará adicado á promoción das festas de interese turístico, como é o caso da Feira do Bonito de Burela.

No stand do Concello de Burela promocionarase a Feira do Bonito e os demais atractivos turísticos do municipio, e contará coa presencia da técnica de turismo para proporcionar información ás persoas asistentes a Turexpo. Tamén estará exposta unha maqueta do Barco Museo “Reina del Carmen”.

O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, destaca “a importancia da promoción turística, a través de iniciativas como esta, para potenciar este sector tan relevante para a nosa vila”.

“Esta é unha feira moi interesante, pola que pasa moitísima xente, e na que levamos moito tempo participando, pois é unha ocasión perfecta para dar a coñecer as atraccións turísticas de Burela”.

Exit mobile version