Os partidos disputaranse no Campo Municipal de Alfoz e no Campo Municipal de O Árbol (Valadouro) onde se poderá desfrutar dunha competición que se iniciará as 10 da mañá e rematará ás 21 horas.
Disputaranse un total de 28 partidos entre os 18 equipos en competición, que tratarán de alcanzar unha das catro prazas que dan acceso á fase final.
Os concelleiros de deportes de Alfoz e Valadouro, Eliseo Lorenzo e Eliseo Teijeiro; a directiva do AD Río Ouro presidida por Manolo Novo e contando coa colaboración do CD Alfoz coinciden en que “celebrar este evento deportivo para os nenos e nenas da comarca é unha experiencia enriquecedora. Esta celebración contribúe a fortalecer os lazos comunitarios, o deporte e promove a hostalaría e o turismo dos dous concellos”.