Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación Saúde Mental A Mariña representou este martes en Foz a obra de teatro “Os soños de Adelina”

Foz, 21 de maio, 2024. A Asociación Saúde Mental A Mariña continúa co desenvolvemento do proxecto “Mentalización y sensibilización en salud mental II” dentro da Convocatoria 2023 do Programa de Axudas a Proxectos de Iniciativas Sociais da Fundación “la Caixa”.

Hoxe levouse a cabo a representación da obra “Os soños de Adelina”, no Colexio Plurilingüe Nosa Señora do Pilar de Foz e, o día 24 de maio, será representada no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao , para os menos e nenas do Centro de Educación de Infantil e Primaria Península da Paz de San Cibrao- Cervo.

“Os soños de Adelina” é unha obra que serve como base para reflexionar sobre a violencia de xénero, os comportamentos machistas e os estereotipos de xénero e que nesta ocasión chegará a un plúblico de máis de 100 persoas entre o alumnado e profesorado de ambos centros educativos.

Dende a entidade continúan así a manter a relación cos centros educativos da contorna, contribuíndo a sensibilizar sobre a saúde mental, o bulling e a violencia de xénero ao tempo que rompemos as barreiras que o estigma de padecer unha enfermidade mental supón, normalizando o trato con persoas que padecen un problema de saúde mental e facendo ver as súas capacidades e potencialidades.

Exit mobile version