Site icon Crónica3.com A Mariña

“250.000 euros nunha nova tallada fiscal” así tilda o PP de Foz a subida do 31% do recibo da lixo

“É lamentable pero os socialistas e nacionalistas focenses o que pretenden é recadar á costa dos veciños cargándoos con subidas de impostos nos últimos 6 meses”, critica Javier Jorge Castiñeira

Foz, 31 de maio de 2024. “250.000 euros nunha nova tallada fiscal que van a sufrir os veciños de Foz” así tilda o PP a subida do 31% do recibo da lixo. Este aumento da taxa de recollida de residuos sólidos urbanos foo aprobado polo bipartito de PSOE e BNG no pleno celebrado onte.

“É sorprendente que cando gobernaba o Partido Popular e se pedían unhas subidas progresivas ano a ano tanto PSOE e BNG se negaban a elo e agora, estando no goberno, o suben de golpe” lembra o voceiro popular, Jorge Castiñeira.

Esta subida no servizo de recollida do lixo súmase á que propoñen da auga ou ás aprobadas fai poucos meses do aumento das licencias de obra, á de expedición de documentos, á das terrazas ou mesmo á da Residencia de Maiores que onte, tamén, aprobaron. “É lamentable pero os socialistas e nacionalistas focenses o que pretenden é recadar á costa dos veciños cargándoos con subidas de impostos nos últimos 6 meses”, critica Javier Jorge Castiñeira.

O PP de Foz pediu que esta incremento da taxa de recollida do lixo se fixera progresivamente nos 3 anos que quedan de lexislatura para suavizar o sablazo aos veciños pero o bipartito opúxose preferindo o aumento do 31% de golpe.

“Pedímoslle ao goberno de Foz un pouco de creatividade e de racionamento no gasto e teñen varios exemplos no goberno do Partido Popular que con moito menos foi capaz de facer moitas máis cousas, simplemente mellorando a xestión e con creatividade e bo facer”, finaliza o voceiro do PP de Foz.

Exit mobile version