Ribadeo, 6 de maio de 2024. Esta mañá deu comezo o curso de competencias clave que durante as próximas semanas se desenvolverá na Casa de El Viejo Pancho os luns, mércores e venres en horario de 10:00 a 13:00 horas, con 20 participantes.
A concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz, explica que “neste curso preparatorio participan un total de 20 persoas residentes no concello de Ribadeo que precisan desta titulación para seguir formándose e mellorando a súa situación laboral. Recordamos que o desenvolvemento desta formación contribúe a mellorar o acceso á formación ocupacional e á empregabilidade das persoas en situación de demanda de emprego no concello de Ribadeo que non contan con estudos de Educación Secundaria Obrigatoria ou que non puideron homologar a súa formación”.
Marta Saiz engade: “dende o Concello felicitamos a todas estas persoas por esas ganas de superación e desexamos que estes cursos sexan de gran axuda para acceder a esas probas que se celebrarán o 22 de xuño. Moita sorte e moito ánimo a todas elas”.