Nesta edición, ademais a Camovi será unha homenaxe a Ramón Blanco, un referente no mundo do alpinismo que ascendeu a algúns dos cumios máis altos do mundo, entre eles o Monte Everest. O alpinista tiña unha especial vinculación coa Camovi.
Na presentación da proba, celebrada esta mañá en Lugo, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, agradeceu “ao clube organizador da proba, o Camovi, o seu esforzo e traballo desde hai anos”.
“Como eles mesmos explican, do reto dun grupo de amigos por percorrer os montes que rodean o Val do Landro naceu a Camovi, esta Carreira de Montaña Montes de Viveiro, e para nós, como Concello de Viveiro, é un pracer e unha obriga colaborar e contribuir á súa promoción”, afirmou.
“Estou convencida de que a Camovi será un éxito e desde o Concello de Viveiro seguiremos facendo todo o que esté da nosa man para apoiar esta carreira e impulsar o deporte en todas as súas modalidades”, rematou Loureiro.