A carteira contiña no seu interior 1040 euros e diversa documentación persoal
Comunicuo aos axentes que atopara a carteira tirada no chan na rúa Rosalía de Castro da localidade, á altura dun establecemento comercial especializado na atención a mascotas.
Tras examinar o lexítimo propietario o seu contido, manifestou que non lle faltaba nada do seu interior e logo, enormemente agradecido, solicitou información para poñerse en contacto con quen atopara a carteira para poder agradecerlle persoalmente a súa honrada actuación e facerlle entrega dunha gratificación.