De igual maneira, os xestores do 112 Galicia tamén avisaron do accidente á Garda Civil da Coruña e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mañón. Tamén tivo coñecemento disto Adif, empresa responsable da administración de infraestruturas ferroviarias.
Xa no punto, os voluntarios de Protección Civil indicaron que o traballador mancara unha man e levara un golpe na cabeza. Pese a que caeu na vía, sobre ela había unhas ramas dunha árbore que puideron amortecer o impacto.
Finalmente, a persoa tivo que ser trasladada en ambulancia ata o hospital de referencia polos profesionais das Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.