Site icon Crónica3.com A Mariña

Trasbar celebra a Pascua

A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar, organizou este domingo, 31 de marzo, a súa xa tradicional Pascua, festa que antano se celebraba por todo o alto no burgo e que dende este colectivo están a tratar de recuperar. As actividades programadas para ese día comezaron ás 13.30 horas coa celebración dunha misa na capela do lugar para logo pasar a disfrutar dun xantar no Local social da Asociación..Unha grande participación e o bo ambiente foron as notas predominantes dunha xornada que cumpriu amplamente as expectativas da Xunta Directiva.

Exit mobile version