Viveiro, 1 de abril, 2024. Esta Semana Santa, aproveitando os festivos, o Club de Remo Celeiro puido disputar dúas Regatas coas súas categorias inferiores.
O xoves desprazouse ata Narón con dúas das suas tripulacións, a Infantil Feminina e a Alevin Mixta. Senllas tripulacións conseguiron un meritorio 7° posto na clasificación xeral nunha regata onde o frío e a auga foron protagonistas.
O sábado tocou desprazarse a Esteiro, Muros. Tamén foron dous bateis, o infantil Feminino e o Infantil Mixto, os que competiron nesta regata na que a auga deu un pouco máis de tregua. Os resultados foron positivos, mellorando os tempos da anterior regata.
A Liga Galega de Bateis esta a punto de chegar ao seu fin, será o vindeiro sábado, día 6, a derradeira regata “preparatoria” antes de acudir aos Campionatos provinciais e galegos.