“En Por Viveiro queremos escoitar de forma directa a opinión de todas as persoas que desexen compartila con nós, para avaliar as decisións que adoptamos dende o pasado proceso electoral”, declarou o Portavoz Municipal Bernardo Fraga
Este sábado, presentaron aos medios o cartel do acto, que levará por título “Viveiro, e agora qué?”, e no cal pretenden activar un proceso de escoita activa e reflexión sobre a situación política de Viveiro e as decisións adoptadas pola formación independente dende as pasadas eleccións municipais.
Bernardo Fraga, o portavoz Municipal da formación, declarou este sábado “Por Viveiro queremos escoitar de forma directa a opinión de todas as persoas que desexen compartila con nós, para avaliar e reflexionar sobre as decisións que adoptamos dende o pasado mes de maio de 2023”,
Así mesmo, os independentes aproveitaron a presentación para lembrarlle ao Goberno Municipal formado por PSOE e BNG, a necesidade de aprobación dos orzamentos de forma inmediata. Como xa declaramos o 28 de decembro, no momento que se produzan avances no cumprimento dos acordos de investidura establecidos entre goberno actual e o noso grupo, facilitaremos a aprobación dos mesmos de forma inmediata. Pero ata o de agora, pasaron catro meses, dende que o pleno rexeitara as contas para o 2024, e os independentes seguimos agardando avances reais e definitivos.