Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Nuestro Faro recorre a resolución de Augas de Galicia

Ribadeo, 1 de abril, 2024. Augas de Galicia comunicou á asociación Por Nuestro Faro a resolución na que se comunica a legalización da fosa séptica da Illa Pancha. Nove anos despois de poñerse en marcha o proxecto de hostalería-cafetería, Augas de Galicia autoriza a vertedura de augas residuais domésticas depuradas por infiltración ao terreo. Durante todos estes anos a fosa tivo que cumprir unha función e mesmo adaptarse aos paulatinos cambios e reformas da actividade empresarial alí presente, pero de todo isto non temos certeza xa que a regularización dende o punto de vista legal intervén case a finais do período de concesión.

Augas de Galicia tampouco ten en conta as alegacións presentadas por esta asociación en 2023, a unha resolución que tamén presenta graves incongruencias. En consecuencia, a asociación Por Nuestro Faro recorreu a resolución alegando en primeiro lugar que “está apoiada en parte en documentos que non teñen validez na actualidade, ó ter cambiado as condicións que aparecen neles“.

Así mesmo, sorpréndenos que se cualifique de “irrelevante” o estudo realizado polo Valedor do Pobo, “a pesar de que nin o solicitante nin Augas de Galicia razoan en ningún momento dita irrelevancia. Nin que dicir ten que cando o Defensor del Pueblo fixo o trámite correspondente, razoou nos seus oito informes -dos que vdes. dispoñen- o porqué da súa relevancia, apoiándose en diversos feitos, como a afección a Rede Natura 2000 ou a falta de estudo de impacto ambiental. En base ás consideracións anteriores entendemos que todas as actuacións no proxecto de apartamentos e cafetería posteriores aos informes do Defensor del Pueblo deberan quedar en suspenso mentres non se realice o preceptivo Estudo de Impacto Ambiental Simplificado, de acordo ca lexislación citada o os devanditos informes de unha autoridade oficial acreditada“.

Por outra banda, resulta alarmante que, sabendo que o consumo mínimo en Ribadeo se establece en 20 m3/dous meses (120 m3/ano por unidade familiar), a autorización para o vertido de residuais de Augas de Galicia quedou establecida en 58,4 m3/ano para uns apartamentos con capacidade para 8 persoas. “Tamén está moito por baixo da cantidade de 0,25 m3/persoa e día, é dicir, 91,25 m3/ano por persoa que son os aceptados para o cálculo de dimensionado de instalacións industriais. Coas oito persoas potenciais sae un volume de vertidos a autorizar máis de 12 veces maior que os autorizados para a instalación que nos ocupa, o que é sinxelamente un fraude de lei“. Ademais, “en canto á compoñente autorizado para volume de residuais da cafetería, os 15 m3/ano son amplamente sobrepasados por calquera instalación dese tipo”.

Por todos estes motivos, consideramos necesario revisar e variar a dita resolución.

Exit mobile version