“Esta situación non é deste mes nin do anterior, hai máis dun ano que a falta de médico provoca un perxuizo importante os cidadáns”.
“Sabemos que a responsable é a Xunta e o SERGAS,pero é un caso tan grave que debemos unirnos todos deixando a parte os partidismos para defender aos veciños. De feito elaborouse unha recollida de sinaturas a que o PP do Valadouro se sumou inicialmente de forma activa, e que esperemos que esté a altura das revindicacións xustas por unha atención primaria dos valadourenses e das persoas que nos visitan”.
No caso do Valadouro ” Rueda costa abaixo”
O PSOE de Valadouro promoveu no pleno extraordinario celebrado o dia 14 de marzo a solicitude dunha entrevista coa Xerencia da Area Sanitaria ante a previsión do que xa está a acontecer. Esta solicitude foi aprobada por unanimidade por todos os grupos da corporación, e nestes momentos á espera de data. Si o PP quere axudar debe facer o posible por que reciban coa máxima urxencia a todos os representantes dos grupos políticos de O Valadouro.
Fan un chamamento a poboación para participar nas inicitivas que se leven a cabo en defensa da sanidade publica e das esixencias de solucions para O Valadouro.Tanto coa recollida de sinaturas, como na participación na concentración que terá lugar o dia 14 de abril ( domingo) as 12 horas convocada pola Plataforma en defensa da sanidade publica de A Mariña, como naquelas que se decidan ante a inoperancia do Sergas e da Xunta.
“Tamén informamos aos veciños de que poden facer reclamacións de forma individual”.