Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Os anos que achegan aos libros. Os anos achegan…aos libros’, un traballo conxunto do alumnado do CIFP Porta da Auga cas persoas usuarias do CAPM A Concordia de Ribadeo

Ribadeo, 17 de abril, 2024. En xaneiro comezou a organización deste enriquecedor proxecto: vestiario, decorados, agasallos, cancións… Todo creacións artesanais, un traballo conxunto do alumnado do CIFP Porta da Auga cas persoas usuarias do CAPM A Concordia de Ribadeo.

Co paso das xornadas configurouse  un verdadeiro equipo. E hoxe, por fin,  o teatro, os aplausos, as cancións e os bailes encheron o CAPM de Ribadeo.

Á divertida estrea asistiron algunhas das familias do programa “Educando en Familia”.
Quedan por diante outras catro sesións, os días 19, 23, 25 e 30 de abril; nelas  participarán a Escola Infantil Tangram, o Colexio Sagrado Corazón de Jesús, o CEIP Gregorio Sanz, a Escola Infantil Sta María do Campo e o Centro de Ocio Infantil Con Sentidiño

Esta actividade interxeracional está organizada polo CIFP Porta de Auga, o Centro de Día “A Concordia ” e o Concello de Ribadeo. Con ela búscase o acercamento entre crianzas e persoas maiores, así como espertar o interese pola lectura tendo en conta que Abril é o mes dos libros. ( o día 2 é o Día do Libro Infantil e o 23 a celebración do Día do Libro).

Elexiuse o conto “Por catro esquiniñas de nada” de Jerôme Ruiliier, por ser un relato de amizade, diversidade e inclusión.

Entre contos e cantos dímoslle a importancia que merecen as  comunidades inclusivas: entre todas e todos podemos conseguir que as portas sexan accesibles para todas as persoas. Precisamos un mundo no que podamos xogar, divertirnos, aprender e desfrutar independentemente das nosas características.

200 persoas grandes e pequenas interactuúan nesta actividade cos libros, a Lingua a Diversidade e a cooperación como elementos centrais.

Ao remate, as familias asistentes, foron agasalladas cunha versión en fieltro do conto, entregado pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo e por un móbil onde penduran todas as personaxes, entregado por unha das persoas usuarias,  que lles trasladou todo o agarimo colectivo co que se preparara.

Exit mobile version