Esta actividade encádrase dentro da programación do club de lectura ‘A carón dos libros’ que promove a libraría, unha proposta aberta para todo o público. Berta Dávila é unha das voces máis orixinais dentro da nova narrativa galega tanto nos temas que aborda como nas técnicas de escrita que escolle. Foi merecente do premio nacional da crítica en 2019 pola novela Carrusel e do premio Xerais de narrativa 2021 por Os seres queridos. Ademáis de narrativa tamén é autora do poemario a Raíz da fenda polo que acadou o premio nacional da Crítica en 2013. A ferida imaxinaria é a súa última novela que ven de ser publicada por Edicións Xerais.