Site icon Crónica3.com A Mariña

O Vencello denuncia o estado no que se atopa a Igrexa da Vila do Medio de Burela

Burela, 8 de abril de 2024. Dende a asociación de veciños “O Vencello” de Burela manifestan a súa preocupación polo mal estado de conservación no que se atopa a Igrexa da Vila do Medio.

“Na pasada asemblea xeral varios dos asistentes comentáronnos que no ano 2016 uns obreiros enviados por Patrimonio foran picar a pedra e quedaran en volver para lucila… A día de hoxe ninguén volveu por alí”.

“Varios membros da directiva achegámonos á Igrexa e comprabamos de primeira man o estado LAMENTABLE no que se atopan a meirande parte das súas paredes, con furados máis propios do valado dun monte que dos muros dun Patrimonio arquitectónico do noso concello… E que dicir das pinturas… practicamente inexistentes”.

“Por isto – e co ánimo de reverter esta situación- vimos de presentar un informe diante da DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO CULTURAL no que explicamos a situación de deterioro que presenta este templo e a necesidade de que se acometan as obras de urxencia necesarias nel”.

“Ademais, no día de hoxe tamén lle remitimos dito informe á Alcaldía e á Concellería de Cultura do Concello de Burela; así coma aos partidos políticos con representación municipal e aproveitamos para solicitarlles o seu apoio e o de toda a Corporación Municipal demandando a Patrimonio a inmediata actuación na Igrexa”.

Exit mobile version