O Valadouro, 19 de abril, 2024. “O traballo de Andrea” é unha obra sobre o papel que xoga a xente nova na preservación da Memoria Histórica da Guerra Civil e a Postguerra. Andrea é unha moza que está preparando a súa tese de doutoramento. Para iso decidiu facer un traballo de investigación sobre o destino que correron os exiliados da súa vila ao final da Guerra Civil. A súa intención é reunir as súas vivencias e propor ás autoridades que lles fagan algún tipo de homenaxe. “O traballo de Andrea” é un drama. O drama no que se ve metida unha rapaza que o único que busca e descubrir a verdade. O drama dunha vida que está empezando e que se ve envolta nun mundo de segredos que ninguén quere, aparentemente, desvelar. E ao mesmo tempo, o drama do seu mundo persoal no que tamén hai segredos difíciles de asumir.
Teatro no Valadouro. Grupo de teatro do colectivo Cultural Ollomao de Barreiros.
Obra: O Traballo de Andrea.
Data: Sábado, 20 de abril de 2024.
Hora: 20:30h.
Entrada de balde.
Recoméndase para público de máis de 12 anos.