Site icon Crónica3.com A Mariña

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o novo espectáculo do Mago Rafa, ‘Sentir’, o sábado 11 de maio

O espectáculo, dirixido a un público infantil e familiar, comezará ás 20:30 horas do sábado 11 de maio

Viveiro, 19 de abril de 2024. O Teatro Pastor Díaz do Concello de Viveiro acollerá a representación do novo espectáculo do Mago Rafa, ‘Sentir’, o vindeiro sábado 11 de maio ás 20:30.

As entradas xa se poden adquirir por 10 euros a través do correo electrónico entradas@magorafa.com e pódense recoller na billeteira do propio teatro o día da representación a partir das 17:30, onde tamén se poderán mercar.

O espectáculo foi presentado esta mañá polo tenente de alcalde, Jesús Fernández, e polo propio Mago Rafa, quen destacou que traerá ‘Sentir’ a Viveiro porque ten “o teatro máis bonito de toda Galicia”.

‘Sentir’ está pensado para un público familiar e para representarse neste momento “no que priman a tecnoloxía e a intelixencia artificial”, buscando facer reflexionar sobre a importancia de “non esquecerse de sentir”, tamén a través da maxia, que é “algo que non só se ve, senón que se sente”.

O Mago Rafa xa é un vello coñecido de Viveiro: o pasado 28 de decembro xa participou na gala de maxia que se desenvolveu, precisamente, no Teatro Pastor Díaz, con moi boa acollida.

Exit mobile version