O pasado venres asistiu na igrexa parroquial á celebración da paixón do Señor e á posterior procesión do Santo Enterro, que estivo acompañada pola Banda Municipal de Música de Ribadeo e polo Coro Miserere. Santalices acompañou ao equipo de goberno nestes actos da Semana Santa aos que tamén acudiu o ex delegado territorial da Xunta en Lugo e actual deputado autonómico Javier Arias. O alcalde, Dani Vega, agradeceu a súa presenza en Ribadeo.