Ribadeo, 29 de abril de 2024. O presidente da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), Antonio Garamendi, interveu, a través dun vídeo, na gala da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) celebrada na noite de onte, domingo, no Parador de Turismo ribadense. Garamendi felicitou a ACISA polo seu 35º aniversario, lembrou os seus vínculos familiares coa vila ribadense, que visita con frecuencia, e destacou a importancia do tecido empresarial da localidade.
Ao comezo do evento interviñeron tamén o deputado responsable da área de Recursos Sostibles na Deputación de Lugo, Fran Cajoto; o conselleiro de Comercio, José González; o alcalde de Ribadeo, Dani Vega; e a presidenta de ACISA, Carmen Cruzado.
Carmen Cruzado destaca hoxe, luns, que “en ACISA estamos muy contentos de recuperar esta gala, que no se celebraba desde el año 2020, y muy satisfechos de haber reunido a 140 personas, la mayoría empresarias y empresarios asociados y empleados de esos negocios, con los que compartimos una velada muy agradable. La de ayer fue la gala más numerosa de las celebradas hasta ahora”.
Tras a cea e antes de pasar ás sobremesas o xerente de ACISA, Jesús Pérez, fixo un balance moi positivo dos logros e resultados alcanzados por este colectivo empresarial nos últimos anos. E a continuación tivo lugar a entrega dos premios por parte dos directivos de ACISA: á substitución xeracional a María Antonia Lens e María Gamallo, de Xeito; a Susana Lombardero e Candelaria Pacheco, de Panadería A Praza e Pastelería A Candelaria, como negocios emblemáticos; e a Vicky Álvarez Lebredo, como Ribadense do Ano 2024. Todas as galardoadas agradeceron moi emocionadas este recoñecemento.
Durante o acto tamén houbo un recordo para todas as directivas que estiveron á fronte de ACISA nestes 35 anos e púidose escoitar unha cuña radiofónica dunha das primeiras campañas promocionais, na que se sorteaba catro viaxes a Mallorca, para dúas parellas asturiana e para outras dúas galegas, audio que conserva o asociado Antonio Andina, a quen a actual directiva agradeceu a achega desa gravación.
O evento foi conducido polo xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos.
Acisa contou con BeOne e Vitaldent como patrocinadores principais da Gala 2024, á que se uniron tamén como patrocinadores Talleres Cardi, Mariña Asesores e Limpezas Lema. Colaboraron no evento Paradores, Bombones Moreno, Azpilicueta, Viña do Campo e asociación de raza autóctona Porco Celta, xunto á Xunta, Galicia Calidade e Concello de Ribadeo.