Antonio Ameijide recorda que o pasado 29 de febreiro se solicitou acceso e copia do ‘Plan de Seguridade do Pazo Provincial de San Marcos con indicación do aforo máximo autorizado nas distintas dependencias e salóns do dito Pazo de titularidade provincial’ e a día de hoxe o presidente segue negando ese documento
E pese a iso, José Tomé segue sen acatar a resolución da Valedora do Pobo e o último exemplo é “a negativa a facilitar o ‘Plan de Seguridade do Pazo Provincial de San Marcos con indicación do aforo máximo autorizado nas distintas dependencias e salóns do dito Pazo de titularidade provincial’ do que se pediu acceso e copia o pasado 29 de febreiro.
O voceiro provincial popular Antonio Ameijide é claro a este respecto: “temos dereito a acceder á información, ademais de ás dependencias provinciais, polo que José Tomé ten que aclarar se vai a acatar a resolución da Valedora ou non, porque aínda non o fixo e segue negando o acceso á información”.
Ameijide tamén se amosa contundente ao recorda que “Tomé segue a ser un aprendiz de ditador” ao seguir “impedindo o traballo da oposición”. A este respecto, o voceiro popular recorda ao presidente provincial o que lle dixo a Valedora do Pobo xa que “colocar aos representantes ou cargos públicos nunha posición máis limitada que a da cidadanía non responde a ningún criterio lóxico e resulta contrario ao dereito fundamental recoñecido no art. 23 CE”.
Os deputados populares agardan que no menor prazo de tempo “a ser posible esta semana” se facilite o acceso e copia da documentación solicitada, se é que existe, xa que “o único que comunicaron dende o goberno provincial era que se admitía a petición”. “Nun mes tiveron tempo máis que suficiente para dar o acceso solicitado ou pode que non queiran facilitala xa que poden ter moito que ocultar”, finalizou.