Como xa agardábamos, o acto do pasado domingo estivo bastante politizado, polo que se o resto de formacións políticas seguen a amosar a postura da plataforma, nós non participaremos en vindeiras concentracións ou manifestacións”.
“Consideramos que esta situación non se debe politizar e que é un problema que sofre a veciñanza. Cremos que non se debe utilizar a sanidade para facer política e menos deste xeito, con mentiras e manipulacións como se anunciaron no manifesto.
O grupo popular de O Valadouro segue a manifestar o seu descontento pola falta de médicos no concello e cre que é convinte que se oferte a praza que está dispoñible para que se ocupe canto antes polo menos cun médico estable no centro de saúdo do concello”.
“Os populares de O Valadouro loitaremos por unha atención médica estable e de calidade na que teñan cubertos os servizos mínimos e cremos que debe ser unha loita por parte de todos. A sanidade non ten cor política”, rematan