“Botarlle a culpa aos demais sendo o máximo responsable do Concello nin é ético nin é o normal para un mandatario público”, sinala o popular focense
“O señor Cajoto segue sen responder cales son as causas da paralización das obras e, unha vez máis, culpa aos demais das súas inxerencias” critica o voceiro do Partido Popular. “Segue sen aclarar porque a empresa deixou de executar os traballos ou os estivo a facer intermitentemente e, ademais, se houbo presións para que momentos antes das eleccións se reiniciaran os traballos sabendo que, probablemente, non puideran rematar” continúa Javier Jorge Castiñeira.
O PP quere que o señor Cajoto e o equipo de goberno se deixen de desculpas, asuman a responsabilidade, creen unha comisión de seguemento, informen á oposición e aos veciños e, canto antes, solucionen o problema porque “botarlle a culpa aos demais sendo o máximo responsable do Concello nin é ético nin é o normal para un mandatario público”, sinala o popular focense.