O Partido Popular volve, unha vez máis, a presentar propostas en positivo que, neste caso, veñen dos mozos e mozas de Foz
Foz, 29 de abril de 2024. O Partido Popular de Foz propuxo no pasado pleno, a través dun rogo, a apertura da Casa da Xuventude e crear unha mesa dinamizadora. “Desta maneira trasladamos as reivindicación da mocidade focense e das súas familias que lle achacan ao equipo de goberno que as políticas de xuventude están totalmente estancadas” sinala o voceiro popular, Javier Jorge Castiñeira.
A Casa da Xuventude está pechada todas as tardes o que é un impedimento para que os rapaces podan usala e, polo tanto, un sen sentido xa que se trata dunha infraestrutura e un servizo destinado para eles e ao abrir só en horario de mañá é totalmente inviable que os mozos e mozas de Foz a podan desfrutar.
“Tamén solicitamos que se cree unha mesa pola xuventude focense na que se analice esta situación, onde se saquen novas iniciativas e onde se cambie o modelo que está obsoleto”, indica Jorge Castiñeira. “Queremos que se busque un diálogo moito máis directo e cercano cos colectivos da mocidade focenses, cos pais e nais e, incluso, coas ANPAS dos colexios e intentar que haxa un maior compromiso por parte do equipo de goberno con dotacións orzamentarias novas que faciliten a incorporación de novas actividades e novos programas”, continúa o o voceiro do PP de Foz.
O Partido Popular volve, unha vez máis, a presentar propostas en positivo que, neste caso, veñen dos mozos e mozas de Foz. “Esperamos que desde o equipo de goberno teñan a ben recoller estas propostas e reivindicacións tan importantes para a nosa mocidade”, finaliza Jorge Castiñeira.