Un poderoso Alcorcón dominou a primeira parte pero non logrou eses tres puntos que precisaba para entrar nos playoff ante un Burela que se viu arriba na segunda parte
Comeza o partido con presión por parte dos dous equipos durante os primeiros minutos. Moito xogo de balón pero poucas chegadas a porta. A partir do minuto 5 o Alcorcón aperta con máis intensidade chegando a salvar Ana Eliza dúas situacións bastante claras que poderían poñer ao conxunto visitante por diante nesta primeira parte. Nos seguintes minutos tócalle apertar ao Burela, con varios tiros a porta sen acerto. No minuto 17 tras un tempo morto Clau López mete o 0-1 a pase de Peque nunha moi boa xogada colectiva. Chega o descanso 0-1 no marcador.
Na segunda parte presiona con intensidade o conxunto local durante os primeiros minutos ata que no minuto 24 Antía Pérez consegue empatar o encontro tras un saque de portería e un bo roubo a media pista. Pero no minuto 28 Peque chega a portería rival tras un roubo de Nere Moldes e enchufaa ao pau longo cunha definición perfecta. Por primeira vez vemos á xogadora madrileña dubidar durante décimas de segundo ante unha portería e, coma sempre, non falla. Segundos despois Antía Pérez ve a dobre amarela e é expulsada do partido, deixando ao Burela cunha perigosa desvantaxe que pode supoñerlles o partido, pero a pesar diso o Pescados Rubén continúa medrándose. No minuto 22 Julio Delgado saca a Cilene de porteira-xogadora e no minuto 33 Patricia consegue empatar de novo marcando a pracer tras unha boa circulación co xogo de 5. Dous minutos de xogo despois Cami róubaa e tras unha parede con Patricia anota o 3-2. É entón cando comeza a presionar o conxunto madrileño con xogo de 5, con Vane Sotelo como porteira-xogadora, pero non consegue derrubar a defensa do Burela sen esquecernos das numerosas e boísimas intervencións de Ana Eliza que salva varias oportunidades clara especialmente nestes últimos minutos do partido.
O Pescados Rubén Burela FS proclámase matematicamente Campión da liga Regular nesta tempada tras esta vitoria. Xogará os playoff coa vantaxe que supón o factor cancha ante dous posibles rivais, o de hoxe, o ARRIVA A.D. Alcorcón FSF ou ante o Poio Pescamar FS que hoxe logrou facer un punto en Navalcarnero gañando outro punto de vantaxe ante as madrileñas que preto estiveron de puntuar na xornada de hoxe en Vista Alegre. No próximo encontro as nosas Guerreiras Laranxas viaxan a Barcelona para atoparse co AE Lles Corts-UBAE ás 16.00h no Pavillón Campus Nord UPC.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS 3-2 ARRIVA A.D. Alcorcón FSF
Pescados Rubén Burela FS (3): Ana Eliza; Dani, Cami, Irene Samper, Rafinha – cinco inicial-, Cilene, Antía Pérez, Cris Blanco, Aroa, Patricia Noelia Montoro. Entrenador: Julio Delgado.
ARRIVA A.D. Alcorcón FSF (2): Estela; Aida de Miguel, Clau López, Peque, Vane Sotelo -cinco inicial-, Laura, Tania Benito, Albita, Nere Moldes. Entrenadora: Marta García Gil.
Goles: 0-1, min.17: Clau López. 1-1, min.24: Antía Pérez. 1-2, min.28: Peque. 2-2, min.33: Patricia. 3-2, min.35: Cami.
Árbitros: Adrián Calleja Rubio, Gael García Schmid, José Enrique Rodríguez Rendal, Cristian Rodríguez Rendal.
TA: Antía Pérez.
TR: Antía Pérez (AA)