Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán
Comeza presionando o Burela con 3 ocasións nos tres primeiros minutos. No tres unha clarísima de Emilly que non atina coa portería. Continúa dominando o Pescados Rubén, non sendo ata o minuto 6 o primeiro tiro a porta do conxunto local. No minuto 7 ocasión clarísima de Noelia Montoro e Antía Pérez que non logran rematar coa forza suficiente salvando Pinto a portería sen esforzo nunha ocasión clarísima. No minuto 13 Dany volve lanzar a porta atopándose con Pinto. Ocasión de Débora tras un boísimo xiro a pase de Pedreira que detén Ana Eliza no minuto 14 e na seguinte xogada Antía Pérez téntao sen conseguir o primeiro gol. No minuto 16 volve intervir e salvar a situación Ana Eliza, xunto a Rafinha que sacando primeiro a porteira un lanzamento soa ante a rival e Rafinha o rexeite posterior. Na mesma contra pau tras un lanzamento de Emilly a portería baleira tras un roubo nunha saída da porteira a media pista. Comezando moi ben o Burela non logra sobrepoñerse durante esta primeira parte ante un Marín que lle pon as cousas difíciles. Pero no minuto 17 a pichichi Emilly mete o primeiro cun disparo desde fóra da área tras un saque de esquina de Antía Pérez e un minuto despois chega o 0-2 cun gol similar, disparo de Emilly desde fóra da área a pase de Antía Pérez esta vez co balón en xogo. Chega o descanso.
Na segunda parte o Burela comeza sufrindo cun gol de Adriana no minuto 23 que axexa a vantaxe conseguida na primeira parte e desconcertando ao conxunto laranxa. Chega o empate no 27 cun gol de Débora de penalti e o 3-2 no mesmo minuto, cun gol de Pedreira ao segundo pau. No mesmo momento do gol Julio Delgado pide punto morto tentando acougar o tolo encontro que se está vivindo en Marín. No minuto 32 Antía Pérez téntao pero vese frustrada por unha inspiradísima Pedreira. Pero sae Cami a pista e cambia o partido. No minuto 32 comeza a presionar o Pescados Rubén Burela FS con xogo de 5 con Cilene como porteira-xogadora e nunha boísima xogada colectiva Patricia remátaa conseguindo o empate. Un minuto despois chega o terceiro da sempre salvadora Emilly Marcondes que adianta o marcador aproveitando un balón morto nun saque longo da porteira e métella nun gran disparo case desde o centro do campo. Comeza a presionar o Marín con Débora como porteira-xogadora xerando varias oportunidades que non terminan de atopar o gol.
Ficha Técnica Ence Marín Futsal 3-4 Pescados Rubén Burela FS
Ence Marín Futsal (3): Pinto; Débora, Gi Portes, Café, Pedreira -cinco inicial-, María, Adriana, Bravo, Inés, Patri (P). Entrenador: Ramiro Díaz
Pescados Rubén Burela FS (4): Ana Eliza; Dany, Irene Samper, Rafinha, Emilly, – cinco inicial-, Cilene, Cami, Antía Pérez, Aroa, Patricia, Noelia Montoro, Ester (P). Entrenador: Julio Delgado
Goles: 0-1, min.17: Emilly. 0-2, min.18: Emilly. 1-2, min.23: Adriana. 2-2, min.27: Débora. 3-2, min.27: Pedreira. 3-3, min.33: Patricia. 3-4, min.33: Emilly
Árbitros: Javier Menéndez Nistal, Héctor Vilas López, Alejandro Godar Calvar, Irene Núñez Mariño.
TA: Pedreira, Bravo, Ana Eliza, Antía Pérez, Patricia