Un derbi provincial dominado polo conxunto local o desta tarde en Vista Alegre con dobrete de Antía Pérez
Burela, 20 de abril, 2024. Ás 20.00h desta tarde, no pavillón municipal Vista Alegre, de Burela, disputábase o esperado derbi provincial galego da 25ª xornada de Primeira División Iberdrola, Pescados Rubén Burela FS – FSF Castro Bloques Cando, cun resultado final 6-2 nunha Tarde Laranxa tras o partido do equipo masculino, que tamén saíu vitorioso ante o Sala 5 Martorell, cun pavillón a rebentar e tras dous actos previos ao comezo do encontro. Despois do intercambio de obsequios, celebrado no partido do conxunto masculino, entre o presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco Fanego e a presidenta do Losar FS, Esperanza Freire, equipo que veu esta fin de semana para visitar ao conxunto laranxa e disputar varios amigables entre os equipos da base, neste encontro do feminino fíxose un pasillo ao noso Pescados Rubén Burela FS “B” polo recente título de Campioas de Liga nesta tempada e, tras a foto con ambos equipos, fíxose entrega dunha camiseta asinada á gañadora do sorteo realizado pola Asociación de Clubs de Futsal Feminino nas pasadas semanas (anéxanse imaxes). Un dos derbis galegos máis esperados que coa ausencia de Emilly tras sufrir unha escordadura ao principio do encontro de cuartos de final da Copa da Raíña ante o Futsi Atlético Navalcarnero, as mariñás deron un espectáculo de futsal na casa ante un equipo visitante que tamén loitou, non sendo suficiente para bater ás primeiras clasificadas, aínda invictas a cinco xornadas do final da competición ligueira.
Nunha primeira parte dominada completamente polo conxunto local, abre o marcador no minuto 5 Luisa Mayara, que desvía cara a dentro da portería un lanzamento directo de falta de Cilene. Un minuto despois Cami mete o segundo con asistencia de Dany nunha moi boa xogada colectiva. Continúan presionando as locais e no 8 Dany mete o 3-0 cun golazo a pase de Rafinha nunha brillante transición e un minuto despois Antía Pérez o cuarto nunha xogada individual. Continúa a presión do conxunto burelense e a un minuto do descanso Dani Sousa aproveita un rebote e anota o 4-1.
Na segunda metade continúa o dominio das pupilas de Julio Delgado con gol de Antía Pérez que dispara ao segundo pau e un minuto despois Vero mete o 5-2 nun remate. Continúa a presión sen goles durante a primeira metade deste segundo tempo con oportunidades por parte de ambos equipos e moi boas actuacións de Area e Ana Eliza en portería. No minuto 12 da segunda parte sae a defender a portería local Ester, do equipo xuvenil da base do equipo burelense. No minuto 17 Area salva un dobre penalti que lanza Irene Samper e que acaba en tres remates que non entran. Pero tras o saque de esquina, de novo Irene Samper anota o 6-2 cun disparo raso potentísimo que se coa entre as pernas da defensa rival sentenciando o encontro cun 6-2.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS 4-1 FSF Castro Bloques Cando
Pescados Rubén Burela FS (6): Ana Eliza; Antía Pérez, Irene Samper, Patricia, Noelia Montoro – cinco inicial-, Dany, Cilene, Cami, Rafinha, Cris Blanco, Aroa, Ester.
FSF Castro Bloques Cando (2): Area; Jeni, Jenny, Luisa Mayara, Dani Sousa – cinco inicial -, Vero, Antía, Ra, Patri Corral, Teté.
Goles: 1-0, min.5: Luisa Mayara (PP). 2-0, min.6: Cami. 3-0, min.8: Dany. 4-0, min.9: Antía Pérez. 4-1, min.19: Dani Sousa. 5-1, min.21: Antía Pérez. 5-2, min.22: Vero. 6-2, min.38: Irene Samper
Árbitros: Adrián Calleja Rubio, Gael García Schmid, Óscar Francisco Zarza Sánchez, Abel Molinero Rodríguez.
TA: Cris Blanco, Antía.