Trátase dunha colección de relatos curtos e longos, de entre 1 e 14 páxinas, que amenizan as veladas dos hóspedes deste hotel situado xunto á praia de O Portelo en Burela.
Autor das novelas “Y un día desperté” (2020) e “El callejón de mis sombras” (2022) e do libro de relatos “Un traje de retales” (2023), Julio López Quiroga tamén foi finalista no certame literario “Relatos desde casa” (2020) do Ateneo de Jerez, co relato “La Galería”, que precisamente é unha das obras que se ofrecen aos lectores do Hotel Nordés.
Esta proposta literaria é unha mostra máis do interese da empresa, que ademais do Hotel Nordés tamén rexenta os restaurantes Boasmigas e Rompeolas en Burela, por fomentar a afección pola lectura e a promoción da cultura local.