Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo municipal do Partido Popular de O Valadouro manifesta o descontento que están a vivir os veciños do concello pola falta de médicos

O Valadouro, 13 de abril, 2024. O grupo municipal do Partido Popular de O Valadouro manifesta o descontento que están a vivir os veciños do concello pola falta de médicos e cren que é convinte que se oferte a praza que está dispoñible para que se ocupe canto antes polo menos cun médico estable no centro de saúdo do concello.

Sabemos da problemática que se está a vivir en todo o territorio nacional pola falta de médicos, pero cremos firmemente en que temos que ter garantizada unha atención médica estable e de calidade.

Cremos que nos debemos unir todos os partidos políticos deixando os partidismos dado que é algo que nos afecta a todos os veciños.

“Tivemos unha xuntanza co Grupo Socialista e propuxemos realizar unha recolleita de sinaturas, a cal foi ben acollida e xa está posta en marcha. Compañeiros do Partido Popular acompañados de integrantes do grupo socialista xa entregamos as follas para a recolleita de sitanuras polos diferentes locales e establecementos do concello”.

Na mañá de hoxe, aproveitando a asistencia dos veciños ao mercado semanal do pobo, diversos compañeiros do partido estiveron a recoller ditas sinaturas.

“Dende o grupo municipal popular estamos percibindo a preocupante situación e estam
os a poñer todo da nosa parte para tratar de que se chegue a unha solución coa maior urxencia posible”.

O vindeiro domingo ás 12h. terá lugar unha concentración diante de centro de saúdo de O Valadouro convocada pola “Plataforma na defensa da sanidade da mariña” na cal faremos presenza.

Exit mobile version