Rivera destacou o apoio da institución provincial, que achega 8.000€ para a celebración dunha cita que “é un referente no seu ámbito”. Felicitou á Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta por organizar unha iniciativa que visibiliza e pon en valor a actividade agrogandeira”, e ademais faino este ano dun xeito “moi especial”, sinalou o Deputado, pois “a feira cumpre catro décadas co recente recoñecemento do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural”.