O prazo de matrícula para o curso de iniciación musical estará aberto dende hoxe ata o 26 de abril, e o do curso de iniciación ao instrumento, os días 2, 3 e 6 de maio
Os cursos serán de Iniciación Musical, para a cativada nada no ano 2017, e de Iniciación ao Instrumento, para nenos e nenas de 8 a 14 anos.
Este último curso permitirá aprender o básico dun destes instrumentos: clarinete, frauta traveseira, gaita, guitarra, saxofón, trompeta e violonchelo. Tamén haberá iniciación ao canto, só para rapazada de 14 anos.
O prazo de matrícula para o curso de iniciación musical estará aberto dende hoxe, mércores 24 de abril, ata o venres 26 de abril. O do curso de iniciación ao instrumento estará aberto os días 2, 3 e 6 de maio. Ambos cursos terán prazas limitadas.
As persoas interesadas poden anotarse na secretaría do conservatorio. Para máis información poden chamar ao número 982 560 486.
O concelleiro responsable do Conservatorio, Jesús Fernández Fernández, destaca que “a educación musical permite que os nenos e nenas desenvolvan o seu amor pola música dende o principio, facilitando calquera formación posterior”.
Pola súa banda, a alcaldesa María Loureiro afirma que “o Concello de Viveiro seguirá a impulsar iniciativas como esta, que permiten á cidadanía de todas as idades formarse de xeito totalmente gratuíto”.