Míriam Bermúdez agarda “que dende a Xunta teñan a ben os cambios propostos e dean o seu apoio a este proxecto, para deste xeito contribuír a mellorar a calidade de vida da veciñanza”
Viveiro, 13 de abril de 2024. A Tenencia de Alcaldía de Viveiro realizará unha auditoría da rede de abastecemento municipal, co obxectivo de planificar futuras obras de mantemento, reducir as perdas de auga e mellorar a eficiencia do servizo.
“Coa auditoría, pretendemos identificar os problemas na rede e aforrar custos, ao detectar e corrixir perdas de auga debido ás fugas e optimizando o consumo enerxético dos equipos”, explica o concelleiro Ramón Martínez.
“Queremos identificar áreas onde a distribución de auga non é eficiente e implementar medidas para mellorar o fluxo, e sobre todo coñecer o estado actual da rede de abastecemento para planificar de forma efectiva futuras obras de mantemento, reparación ou expansión da infraestrutura”, engade.
O servizo de abastecemento de Viveiro está composto por catro captacións, unha ETAP, doce depósitos de cabeceira e distribución, seis estacións de bombeo e as redes de distribución correspondentes. Para realizar a auditoría, o concello obtivo unha subvención de Augas de Galicia.
“Somos conscientes dos puntos nos que se dan roturas máis habitualmente, e con este estudo poderemos determinar cal é a actuación máis correcta para solventalo”, remata Ramón Martínez.