O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, explica que “o horario de recollida seguirá a ser os martes e os xoves a partir das dez e media da mañá. O cartón depositarase na rúa ese mesmo día, antes da hora indicada, co fin de asegurar a recollida”.
O edil ribadense lembra que “o cartón debe deixarse pregado e asegurado para que non se espalle pola vía pública, nun lugar no que non obstaculice o tránsito peonil ou rodado”.
Dos Santos engadiu que “este novo horario para a recollida porta a porta do cartón dará comezo o vindeiro 2 de maio. Desde o Concello queremos avisar con antelación para que os negocios de Ribadeo estean informados o antes posible deste cambio e o teñan en conta. Agradecemos de antemán a súa colaboración”.