O alcalde, Fran Cajoto, informa que todos aqueles interesados na xestión da cafetería poden ver pregos técnicos e condición na plataforma de contratos do sector público, na seguinte url:
https://contrataciondelestado.es/wps/poc?uri=deeplink:detalle_licitacion&idEvl=ziEcqAoDPPt9PLkba5eRog%3D%3D
“O prazo de presentación de ofertas remata o martes día 30 de abril. Todos aqueles interesados en xestionar a cafetería do centro social poden presentar as súas propostas de forma electrónica, cun canon mínimo de 500 euros anuais sobre o que deben ofertar”, explica Fran Cajoto, quen destaca “as cualidades da cafetería: está situada nun lugar privilexiado da nosa vila, cunha terraza que resulta un miradoiro excepcional sobre o peirao. Debemos informar a todos os interesados que o horario de apertura máximo é o que establece a norma para este tipo de establecementos (de 6 da mañá a 2.30 horas da madrugada), establecendo en todo o caso o Concello un horario de apertura mínimo de nove da mañá a nove da noite durante todo o ano”.
A cafetería-bar náutico pretende ser un punto de encontro dos maiores do Concello.
O alcalde anima a todos os interesados que se acheguen a ver as instalacións: “poden concertar unha cita chamando ao Concello, creo que realmente vale a pena”.