Este martes, ás 18:30 horas, no local social da asociación de Xubilados Terramar, na Casa do Mar, será o primeiro dos faladoiros, abertos á poboación en xeral, que xirarán sobre a temática da saúde mental e que estarán impartidos por María José Novoa (Traballadora Social e Coach) e Sonia Nogueiras (Psicóloga)
Neste caso, Charlando é unha proposta aberta á poboación en xeral, que se desenvolverá un martes ao mes, no local da asociación de Xubilados Terramar, ás 18:30 horas.
Está integrado por diferentes faladoiros que xirarán especialmente sobre a temática da Saúde Mental e que serán impartidos pola Traballadora Social e Coach, María José Novoa, e pola Psicóloga, Sonia Nogueiras.
Mañá martes, 23 de abril, terá lugar o primeiro destes encontros no que se abordarán cuestións como os determinantes da saúde e da saúde mental, entre outros aspectos, dun xeito ameno e dinámico, acompañado por material audiovisual diverso.
Na presentación da actividade a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, os membros da asociación Terramar, José Luis Sariego e Paco Alves, e as profesionais que se encargarán de impartir unha charlas didácticas, e moi necesarias nos tempos nos que vivimos xa que “os problemas de saúde mental serán a principal causa de discapacidade no mundo no ano 2030”.
Tal e como reza un dos lemas da iniciativa “informarse é previr”, polo que desde o Concello de Cervo convidan á poboación a asistir a estes encontros tan interesantes.