Este martes, ás 18:30 horas, no local social da asociación de Xubilados Terramar, na Casa do Mar, será o primeiro dos faladoiros, abertos á poboación en xeral, que xirarán sobre a temática da saúde mental e que estarán impartidos por María José Novoa (Traballadora Social e Coach) e Sonia Nogueiras (Psicóloga)
Cervo, 22 de abril, 2024. O Concello de Cervo, coa colaboración da asociación de Xubilados Terramar, programa unha serie de encontros informativos baixo o título “charlando”, que se enmarcan no programa integral de envellecemento activo “Arruguiñas” que arrincou no mes de febreiro e que inclúe talleres de memoria, talleres terapéuticos, rutinas de exercicios ou diferentes guateques itinerantes polas parroquias, para contribuír a dinamizar o día a día da veciñanza maior de sesenta anos e fomentar a súa socialización.
Neste caso, Charlando é unha proposta aberta á poboación en xeral, que se desenvolverá un martes ao mes, no local da asociación de Xubilados Terramar, ás 18:30 horas.
Está integrado por diferentes faladoiros que xirarán especialmente sobre a temática da Saúde Mental e que serán impartidos pola Traballadora Social e Coach, María José Novoa, e pola Psicóloga, Sonia Nogueiras.
Mañá martes, 23 de abril, terá lugar o primeiro destes encontros no que se abordarán cuestións como os determinantes da saúde e da saúde mental, entre outros aspectos, dun xeito ameno e dinámico, acompañado por material audiovisual diverso.
Na presentación da actividade a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, os membros da asociación Terramar, José Luis Sariego e Paco Alves, e as profesionais que se encargarán de impartir unha charlas didácticas, e moi necesarias nos tempos nos que vivimos xa que “os problemas de saúde mental serán a principal causa de discapacidade no mundo no ano 2030”.
Tal e como reza un dos lemas da iniciativa “informarse é previr”, polo que desde o Concello de Cervo convidan á poboación a asistir a estes encontros tan interesantes.