Habilitouse un portal de reservas a través do enlace Espacios deportivos | Reservas de Espacios Deportivos – Concello de Cervo, no que as persoas usuarias poderán formalizar o acceso de 10 bonos ou a entrada libre
Cervo, 1 de abril, 2024. O Concello de Cervo vén de dixitalizar o proceso de reservas da piscina olímpica municipal a través do enlace Espacios deportivos | Reservas de Espacios Deportivos – Concello de Cervo, que permite ás persoas usuarias formalizar o acceso de 10 bonos ou a entrada libre, previo pago a través desta plataforma, simplificando así todo o proceso.
Así o avanzou a rexedora, Dolores García Caramés, que recorda que neste mesmo espazo virtual tamén se pode reservar o acceso ás pistas de pádel e á pista de atletismo do complexo deportivo da Veiga, neste último caso as persoas usuarias deberán estar federadas e poderán reservar de xeito gratuíto a súa franxa horaria e recoller posteriormente a chave na piscina municipal.
Segundo explicou a alcaldesa “levamos tempo traballando nesta extensión da páxina web do Concello, co obxectivo de facilitar e mellorar a experiencia do usuario das nosas instalación deportivas, facilitándolles poder xestionar de forma on line as súas reservas”.