Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club de Remo Celeiro participará esta fin de semana nos Campionatos Galegos de Bateis na Pobra do Caramiñal

Viveiro, 16 de abril, 2024. Esta fin de semana, sábado 20 e domingo 21 de Abril, o Club de Remo Celeiro desprazarase á Pobra do Caramiñal para participar nos Campeonatos Galegos de Bateis 2024. Con esta, xa son 5 tempadas consecutivas nas que varias tripulacións de categorias inferiores do Club viveirense conseguen praza para participar nestes prestixiosos campionatos a nivel Galego.

Esta vez, os protagonistas serán os integrantes das dúas tripulacións de categoría infantil (femenina e masculina). Todos os nenos e nenas estan moi motivados e emocionados por poder participar nestes campionatos onde competirán con clubs de toda Galicia. Unha experiencia moi gratificante na que a convivencia e deportividade con outros clubs reforzará a experiencia de estes magníficos deportistas.

Exit mobile version